martes, 15 de febrero de 2011


Podería adicarte isto en calquera idioma do mundo pero non creo que saía noutro que non sexa neste.
Estiven pensandote tódala noite sen chegar a ningunha conclusión lóxica mais que que te amo e que algúns días dou grazas e outros dóeme sentilo asi.
As veces é tan fácil pensarte preto de mín; cos teus beizos a escasos centímetros dos meus, cos teus ollos mirandome coma antes. E entón pregúntome qué pasou para perderte, qué sentía para querer fuxir de aquelo...e decátome de que tiña medo dos "para sempre".
Arrinquei con todo, xa o sabes de sobra...marchei sen dar explicacións, sen coidar de non facerte dano e corrín todo o que puiden ata que estiven tan lexos e tan perdida que xa non podería volver aínda que quixese. Pensei que sentiría ledicia, que a libertade era o que mais desexaba...pero a verdade é que só sentín vacio, sentín ese baleiro de días sen tí, sen os teus agarimos.
Caín noutros brazos que non chegaron á miña alma nin conseguiron que os mirara como te miraba a ti as veces, fun feliz durante un tempo, ata que cheguei a conclusión de que trababaseme a lingua ao intentar dicir algo semellante a te amo, e se queres a verdade...creo que iso é o único sagrado que quedou do noso.
Sei que tí conseguiches olvidar o que sentías e é entón cando me surxe o problema...se polo menos ti sentises o mesmo ca mín, aínda que fora de lonxe, entón sería capaz de aguantar así. Que o entendo perfectamente, pero pensaba que isto do amor non era algo de lóxica senón de sentimentos.
Amor, meu amor, sei que hoxe xa non é San Valentín e por iso te escribo isto, porque é un día normal e quero que vexas que non è algo causal, situacional ou calqueira cousa que se semelle...
Ámote, iso quería dicir...e sei que xa non crees en mi, pero polo menos espero que creas no amor e anotes ao final de aquel cúmulo de follas que te regalei cando fixemos dous anos, que hoxe, día 15 de febreiro ámote máis ca nunca e que non desexo por nada do mundo deixar de facelo. E se doe, que doa...que polo menos sentirei que foi de verdade, que un día, fai moito tempo rompín con todo menos co que debía e que hoxe teño de todo menos o que debo.

Quizais non encontrara o que buscaba, pero encontrei algo mellor, a miña verdade. E a verdade é que se encontras a esa persona e a deixas escapar a felicidade queda nun recordo.

2 comentarios:

Blackeyss dijo...

la verdad es qe trate de entender algo de lo qe escrbiste pero me perdi en el segundo parrafo :P
igualmente me gusto mucho tu blog.. esta bonito bonito!
asi qe t voy a seguir!

un besiito lindaa! :)

Anónimo dijo...

Voto de menos textos como estes no teu blog... adoro a túa forma de escribir. A creatividade que aflora por cada un dos teus poros. Agarimo a xente coma ti, que esfórzase en dar o 100% (ou incluso o 200%)... e só podo dicirche que moitas grazas por adicarte de forma plena nisto e por regalarme a túa literatura tan gratuitamente.